Píldoras de entrenamiento Covid-19

Estimado/a Presidente/a,
A Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) que preside o psicólogo deportivo galego Joaquín Dosil, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, lanza unha iniciativa para aportar o seu grao de area á preparación e motivación dos/as deportistas, técnicos/as, etc. neste periodo de confinamento.
A iniciativa comezará MAÑÁ VENRES 20 DE MARZO ás 18:00 HORAS, cunha píldora de 10’ de adestramento mental en directo. A proposta levarase a cabo cada día á mesma hora e co mesmo formato cun/cunha referente da psicoloxía do deporte.
Se podedes remitide esta información aos vosos deportistas, adestradores e outros membros dos staff técnicos para que poidan participar. Deben entrar neste enlace e completar o seguinte formulario o antes posible:

https://forms.gle/FE7oaoowsvBxbkQd8 

​#YoEntrenoEnCasa

 

Unha forte aperta e moito ánimo!

José Ramón Lete Lasa
Secretario Xeral para o Deporte