Regulamento electoral aprobado. Data Eleccións Aemblea Xeral 7 de Novembro Sede FGEN

Recordamos a todos os integrantes dos Censos que o próximo día 7 de novembro celebrarase a votación para os membros da asamblea en horario de 10:00h a 13:00h, na sede da FGEN. Rúa Carlos Maside s/nº. 32002. Ourense.

Adxuntamos o regulamento electoral aprobado e calendario.

1 ESQUI NAUTICO resolucion APROBACION ASINADA

2 ESQUI NAUTICO REGULAMENTO CALENDARIO SELADO

 

Finalmente a FGEN dispón dun lugar fixo para os seus deportistas

Durante anos a FGEN non dispuxo dun lugar fixo para a práctica do Esquí Náutico de Competición. Neste ano a Federación traballou moito este aspecto conseguindo os permisos pertinentes para a autorización no Encoro de Frieira. A base situouse no Concello de Cortegada no zona do Balneario.

As primeiras sensacións foro moi satisfactorias, e os membros das Selección  están adestrando moi duro para aumentar o seu nivel.

Temos que agradecer o traballo do Secretario en Funcións Javier Pamies e o apoio do  Concello de Cortegada e os seus habitantes.

Nos próximos días a FGEN organizará un campionato de Esquí Náutico no campo de Slalom que se instalará para tal fin no maree esquerdo do río onde se atopan os pantaláns.

 

 

Calendario Tempada 2018 (Oficial)

–          14, 15 y 16 Xulio entrenamento (10 esquiadores Selección Galega).

–          21 e 22 Xulio Campionato en León.

–          18 e 19 Agosto Campionato Cortegada (Organiza Club Náutico Arcade) 

–          25 e 26 Agosto Campionato Tui (Solo flag slalom)

–          1 e 2 de Setembro Campeonato de Ourense.

Tempada Club Dummies 2017-2018

O Club Dummies como tamén fixera no ano 2016 patrocinou os deportistas na alta competición grazas as Axudas a Clubes Concedidas pola Deputación de Ourense.

No 2017 o clube ademáis da representación nos campionatos Galegos participuo nas seguintes competicións nacionais e internacionais:

 

14-15 de outubro: Campionato de España (Gimenels. Lerida):

Nicolás Reguera: 3º Posto

Silvia Pequeño: 1º Posto. Campiona de España

15-17 de setembro: Campionato de Portugal (Vértice Quinta Grande, Coruche. Portugal):

Silvia Pequeño: 1º Posto

Nicolás Reguera: 4º Posto

28-29 outubro: Sicilia Iernacional (Caccamo, Sicilia. Italia) :

Silvia Pequeño: 2º Posto

Para o 2018 a Club ten programado asistir a outro campionato internacional en Francia e aumentar o número de esquiadores en Alta Competición.

Calendario Tempada 2018. Clásicas

Este ano como novidade se incluirá o Campionato Galego cunha proba conxunta ca Delegación de Castela e León de Esquí Náutico.

As probas xa confirmadas que se celebrarán neste 2018 serán:

21 e 22 Xullo:   1º Proba Circuito Castellano-Galego 2018. (Barrios de Luna-León)

25 e 28 de Agosto: Copa Galicia 2018 (Tui-Pontevedra)

1 e 2 Setembro: Campionato Galego (Coles-Ourense). 2º Proba Circuito Castellano-Galego 2018