Regulamento electoral aprobado. Data Eleccións Aemblea Xeral 7 de Novembro Sede FGEN

Recordamos a todos os integrantes dos Censos que o próximo día 7 de novembro celebrarase a votación para os membros da asamblea en horario de 10:00h a 13:00h, na sede da FGEN. Rúa Carlos Maside s/nº. 32002. Ourense.

Adxuntamos o regulamento electoral aprobado e calendario.

1 ESQUI NAUTICO resolucion APROBACION ASINADA

2 ESQUI NAUTICO REGULAMENTO CALENDARIO SELADO

 

Finalmente a FGEN dispón dun lugar fixo para os seus deportistas

Durante anos a FGEN non dispuxo dun lugar fixo para a práctica do Esquí Náutico de Competición. Neste ano a Federación traballou moito este aspecto conseguindo os permisos pertinentes para a autorización no Encoro de Frieira. A base situouse no Concello de Cortegada no zona do Balneario.

As primeiras sensacións foro moi satisfactorias, e os membros das Selección  están adestrando moi duro para aumentar o seu nivel.

Temos que agradecer o traballo do Secretario en Funcións Javier Pamies e o apoio do  Concello de Cortegada e os seus habitantes.

Nos próximos días a FGEN organizará un campionato de Esquí Náutico no campo de Slalom que se instalará para tal fin no maree esquerdo do río onde se atopan os pantaláns.